comandancia

comandancia

(

  1. s f
    1. Autoridade ou facultade de comandar que ten ou exerce alguén, especialmente un xefe militar.

      Ex: Foille confiada a comandancia da flota.

    2. Cargo de comandante.

  2. s f

    Edificio, cuartel ou departamento onde están as oficinas do comandante.

  3. s f

    Distrito ou comarca sobre o que o comandante exerce a súa autoridade.

    1. s f

      Conxunto dos órganos de dirección do exército.

    2. s f pl

      Conxunto de autoridades militares superiores.

    3. posto de comandancia

      Lugar no que se atopan os que dirixen as operacións militares.

    4. comandancia naval [MAR]

      Sede da comandancia dunha provincia marítima.

Palabras veciñas

comadrón -a | comagmático -ca | comanche | comandancia | comandante | comandar | comandita