comanche

comanche
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo dos comanches ou á súa lingua.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo nómade amerindio dos comanches.

  3. s f pl [ETN]

    Tribo de indios de América do Norte, pertencentes ao grupo dos shoshones e asentados orixinariamente nas chairas situadas ao L das Montañas Rochosas, nos estados de Oklahoma, Colorado e Wyoming, que se dedicaban á caza do bisonte. Nos ss XVII-XVIII emigraron aos territorios situados ao sur, enfrontándose á colonización de Texas. Establecidos en Arkansas no s XIX, sostiveron duras loitas cos colonos, que non finalizaron coa firma dos tratados de 1864 debido aos incumprimentos sistemáticos do goberno. Foron recluídos, xunto cos kiowas e os kiowa-apaches, nunha reserva do estado de Oklahoma no ano 1867.

  4. s m [LING]

    Lingua falada polos comanches pertencente ao grupo de linguas uto-azteca da familia uto-azteca-tano.

Palabras veciñas

Comadre, La | comadrón -a | comagmático -ca | comanche | comandancia | comandante | comandar