Comarca, La
Comarca, La
Semanario de orientación radical editado en Chantada en decembro de 1912. O veterinario M. Losada Castro foi un dos responsables desta publicación, patrocinada polo bando liberal, que se dedicaba principalmente aos artigos de divulgación do propio veterinario, xunto con noticias relacionadas co agro. Introduciu poemas de Curros Enríquez, Pepe Mollete e de Vilardemonte. Ademais, contou coa colaboración de M. Cabo e Fray Ruibarbo.