Comarca do Morrazo, A

Comarca do Morrazo, A

Publicación en galego que comezou a editarse na comarca do Morrazo no ano 1996, primeiro como quincenario e a partir do ano 2001 mensualmente. Pertenceu inicialmente ao grupo de comunicación Filmagal, ata que en maio de 2001 pasou a mans da empresa La Capital, editora de El Ideal Gallego, Diario de Arousa, Deporte Campeón e Diario de Ferrol. Dirixida por Antón Xil Alcántara e coordinada por Carlos Fuentes, conta cun consello de redacción formado por Iria Santaclara, Raquel Rey e Afonso Fernández. Contén información de carácter xeral que abrangue os concellos de Cangas, Moaña, Bueu e Marín. Insire unha sección dedicada a cada concello e, ademais, os apartados “Opinión”, “Deportes”, “Cultura”, “Servicio Galego de Colocación” e “Breves”. Inclúe tamén reportaxes de actualidade e diversos especiais dedicados ao mundo do motor, do fogar e da construción, entre outros.