Comarcas do Carballiño e o Ribeiro, As
Publicación en galego que comezou a editarse no Carballiño no ano 1998. Pertenceu inicialmente ao grupo de comunicación Filmagal, ata que en maio de 2001 pasou á mans da empresa La Capital, editora de El Ideal Gallego, Diario de Arousa, Deporte Campeón e Diario de Ferrol. Dirixida por Antón Xil Alcántara, contén información de carácter xeral que abrangue os concellos da comarca do Carballiño e o Ribeiro como Carballiño, Cea, Boborás, Beariz, Piñor, Punxín, O Irixo, Leiro, Cenlle, Arnoia, Cortegada, Beade, Melón, Carballeda de Avia, Avión, San Amaro, Maside, Castrelo de Miño e Ribadavia. Dedica unha sección a cada concello e insire os apartados “Deportes”, “Servicio Galego de Colocación” e “Breves”. Inclúe reportaxes de actualidade e diversos especiais dedicados ao mundo da decoración, do fogar, do motor e da construción, entre outros.