combatente

combatente

(

  1. adx e s

    Que ou quen combate, referido especialmente a un soldado, individuo civil, comunidade ou país.

    Ex: Os países combatentes firmaron o armisticio. A batalla librouse sen contar ningunha baixa entre os combatentes dos dous exércitos. Os combatentes voluntarios distiguíronse en numerosas guerras pola súa resistencia.

  2. s m [ANIMAL/ORNIT]

    Ave limícola que acada unha lonxitude no caso dos machos de 28 cm e no das femias de 23 cm. Son animais grosos, de cabeza angulosa, peteiro recto e postura ergueita, coas partes superiores cun deseño no que as plumas semellan escamas. En época nupcial os machos presentan unhas plumas grandes e vistosas na cabeza, no pescozo e no peito. É unha especie de distribución paleártica que aniña na tundra euroasiática e aparece en Galicia no inverno e na época de paso, na súa viaxe cara a África, en zonas húmidas do interior e da costa.

  3. adx [HERÁLD]

    Aplícase a cada un dos dous animais rampantes e enfrontados.

Palabras veciñas

Combate, El | Combate, El | combatedor -ra | combatente | combater | combatible | combatividade