combustión
(
-
s
f
Acción de queimar algunha cousa ou proceso polo que arde.
Ex: No inverno prodúcense numerosas intoxicacións pola combustión lenta dos braseiros.
-
[QUÍM]
-
índice de combustión
Relación entre o volume de CO e o de CO 2 nos fumes produto da combustión, que indica ata qué grao se aparta da combustión completa.
-
s
f
Reacción de oxidación que vai acompañada dun desprendemento de luz e calor, con chama (combustión viva) ou sen ela (combustión lenta). A combustión só comeza cando o combustible sólido ou líquido se vaporizou ou se descompuxo pola acción da calor e deu gases, que son a chama visible. No caso dos combustibles sólidos, que non se descompoñen para dar gases á temperatura de chama, a combustión pode ter lugar por combinación directa do combustible co osíxeno, como é o caso da combustión incandescente do carbón vexetal ou da madeira carbonizada que queda cando xa se queimaron os gases combustibles. Case todos os combustibles están constituídos na súa maior parte por carbono e hidróxeno, e cando estas substancias se queiman ao aire prodúcese dióxido de carbono e auga. Se se restrinxe o subministro de aire fórmase monóxido de carbono. Este é o caso da combustión incompleta; o outro é o caso da combustión neutra. Unha modalidade de combustión lenta é a autooxidación. Industrialmente cómpre aumentar a velocidade das combustións elevando a concentración de osíxeno mediante un exceso de aire; o cociente entre o aire real e o aire mínimo necesario para unha combustión completa é o coeficiente de exceso de aire, que varía entre 1 e 2. Para saber cómo se realiza unha combustión é preciso analizar a composición dos fumes e resulta especialmente interesante a proporción de CO 2 , que é diferente para cada combustible e máxima no caso da combustión neutra. A partir do valor máximo de CO 2 pode determinarse o coeficiente de exceso de aire; este valor e a porcentaxe de CO permiten determinar, mediante o diagrama de Ostwald, a combustión óptima. A temperatura teórica da combustión pódese determinar polo método de Le Chatelier.
-
índice de combustión
-
s
f
[TECNOL]
Tempo do ciclo dun motor de combustión interna no que se produce a combustión do carburante que está, mesturado con aire, na cámara de combustión. A calor e os gases producidos fan aumentar a presión no interior da cámara de combustión e a forza que esta orixina sobre o pistón obrígao a moverse. Na combustión normal, este aumento de presión é gradual, porque a reacción se propaga a unha velocidade non moi elevada. Para obter un mellor rendemento, a presión máxima ten que coincidir co punto máis alto da traxectoria do pistón; para iso hai que facer saltar a chispa (nos motores de acendido por chispa) ou comezar a inxección (nos motores de acendido por compresión) antes de que chegue ao punto mencionado. Este avance é variable e chámase avance de acendido.
-
calor de combustión
[FÍS]
Número de quilocalorías que se producen ao combinarse un elemento combustible co osíxeno para formar un composto osixenado. Tamén se coñece como entalpía de combustión.
-
combustión espontánea
[QUÍM]
Reacción exotérmica de oxidación na que a calor se vai perdendo máis lentamente do que se produce, ata que chega a prender a substancia. Tamén se coñece como autocombustión.
-
combustión somerxida
[TECNOL]
Sistema industrial empregado para quentar ou concentrar grandes masas de líquidos. Consiste en queimar directamente no seo do fluído unha mestura de aire cun combustible gasoso. Os produtos da combustión atravesan o líquido en forma de pequenas burbullas que actúan como intercambiadores de calor. Ten aplicacións no caso de líquidos moi viscosos, solucións corrosivas e cando o contido de sólidos é moi elevado.