comedor -ra
(
-
adx
Que come en gran cantidade e calquera alimento.
Ex: O neno saíunos mal comedor e dános moito traballiño. Co comedora que é non sei como está tan delgada.
-
-
s
m
Cuarto dunha casa destinado a comer.
Ex: Temos o comedor ó lado da cociña para servir as comidas quentes.
-
s
m
Conxunto de mobiliario da sala de comer.
Ex: Compramos un comedor de estilo rústico para a casa da aldea.
-
s
m
Local destinado a servir comidas a un colectivo ou ao público.
Ex: Foi xantar ao comedor do restaurante.
-
comedor escolar
[EDUC]
Servicio complementario da escola que en España apareceu a principios do s XX coa denominación de cantina escolar, en relación directa coa escola pública. En principio xurdiu cun carácter marcadamente asistencial e de beneficencia, para despois ir adquirindo un matiz máis educativo, xa que rematou por se converter nunha prolongación práctica da clase que, con respecto aos alumnos, pretendía facilitar a aparición de hábitos alimentarios, dar a coñecer formas correctas e equilibradas de alimentación e mesmo aprender a convivir cos compañeiros. Desde outro punto de vista, á marxe dos valores educativos, cumpre unha función de custodia que moitas veces remata por se converter no seu obxectivo fundamental. A Lei de Ensino Primario de 1945 recolleu por primeira vez, desde o punto de vista lexislativo, o funcionamento dos comedores escolares, daquela aínda con marcadas intencións asistenciais. Máis tarde, e por moito tempo, as axudas económicas para este fin procedían do Fondo Nacional para o Fomento da Igualdade de Oportunidades. A Lei Xeral de Educación de 1970, e o seu referente obrigado á política de concentracións escolares, universalizounos e dotounos dun maior sentido educativo. Durante as décadas dos 70 e 80 do s XX, os comedores escolares foron un punto de referencia no sistema educativo, cando menos nos centros escolares de ensino primario. Este servizo tamén se ofrecía noutros países; por exemplo, en Francia houbo exemplos paralelos con obxectivos semellantes que deron lugar á aparición dos coñecidos restaurantes escolares, que tomaron o seu modelo do restaurante La Roseraie, do liceo de Monigeron, un arrabalde de París. Despois dun momento de crise debido ao baixo índice de natalidade, no s XXI albíscase unha certa recuperación deste servizo escolar, sustentada nas incompatibilidades horarias entre os traballos dos pais e os horarios escolares e na continuación dos centros públicos da liña marcada polos centros privados. Aínda así, este servizo xa non depende do centro, senón que segue unha xestión privada.
-
s
m