Comellas Coímbra, Manuel
Dramaturgo e pedagogo. Dirixiu o colexio do Sagrado Corazón de Ferrol. Colaborou en diversos xornais como La Semana e El Heraldo Gallego, e dirixiu El Correo Gallego. Como dramaturgo, publicou Pilara ou grandezas dos humildes (1920), drama en prosa estreado no teatro Jofre de Ferrol (23.8.1919) por un grupo ferrolán dirixido por Xaime Quintanilla e representado, entre outros, polo cadro de declamación da Irmandade da Fala da Coruña (1920) e o coro Toxos e Froles (1930). Trátase dunha peza de ambiente mariñeiro caracterizada polo seu didactismo e intención anticaciquil. Tamén é autor de Redención por amor, estreada en 1920. Ademais, publicou Escuelas-talleres parroquiales y gratuitas. Cómo se sostendrían en Ferrol (1912) e Catecismo social (1920). O seu poema “A María Pita” recibiu un premio nos Xogos Florais da Coruña (1877).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Ferrol -
Deceso
Lugar : Mandiá