Comerma y Batalla, Andrés Avelino
Enxeñeiro. Estudiou Enxeñería de Camiños en Madrid, e ocupou, en 1866, a praza de enxeñeiro auxiliar no estaleiro da Mariña en Ferrol e de profesor de Física e Xeometría na Maestranza. Na cidade departamental desenvolveu unha notable actividade social e cultural. Como enxeñeiro destaca pola proxección e dirección da construción do dique da Campá do Arsenal ferrolano, rematado en 1879, a obra de enxeñería máis importante do século XIX en Galicia. Nomeado xefe do estaleiro, realizou as primeiras experiencias telefónicas coa instalación das liñas para comunicar o arsenal e a capitanía. Participou en congresos científicos internacionais e publicou, entre outras obras, Curso práctico de construción naval (1868), texto que obtivo unha medalla na Exposición maritíma de Barcelona, e Los castillos feudales de Moeche, Narahío y Andrade (1903).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Valls, Tarragona -
Deceso
Lugar : Ferrol