Comesaña García, Alberto
Cantante, presentador de televisión e actor. Realizou estudos de Enxeñería Técnica Agrícola. Foi presentador da TVG nos programas Verán, Verán (1988), A tumba aberta (1988) e Con perdón (1996-1997). Participou tamén como actor nas series Don Rock (1987) e La batalla salvaje (1989) e foi comentarista deportivo na COPE (2000). En 1982 tivo lugar a presentación do grupo musical Semen Up, agrupación que liderou ata 1990 e coa que gravou os títulos: Lo estás haciendo muy bien (1985), La agonía del narciso (1986), Vuelve el hombre (1987), El gusto es mío (1988) e Madurez (1989). Dende 1991 ata 1998 formou parte do dúo Amistades Peligrosas e sacou ao mercado Relatos de una intriga (1991), La última tentación (1993), La profecía (1995) e Nueva era (1997). No 2000 editou en solitario Perversiones. No 2002 regresa á Televisión de Galicia para presentar “Bravo polos Amigos” e realiza máis de trinta e cinco concertos en Galicia e Castela e León en compañía de María Rúa, colaboradora tamén do programa. Entre o 2010 e o 2011 participa como membro do xurado do programa da TV7 Región de Murcia “Los 7 Magníficos”. Comeza tamén a xira latinoamericana de PopTour con Cómplices, Ella Baila Sola e Javier Ojeda de Danza Invisible. Actúan en Lima, Tuxtla Gutiérrez e Morelia (México).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Vigo