Cometes
Cometes
[MIT]
Fillo de Esténelo. Cando Diomedes partiu á Guerra de Troia deixoulle a custodia da súa casa, pero Cometes traizoouno coa súa muller Exialea e, confabulándose con ela, conseguiu que o heroe tivese que emigrar da súa patria ao regresar da batalla.