Cometo
Cometo
[MIT]
Heroína grega filla de Pterelao, rei dos tebeleos, invencible grazas a un cabelo de ouro que Posidón fixera medrar na súa cabeza. Cando Anfitrión sitiou a capital, Tafos, Cometo namorouse del; tal foi a forza da súa paixón que non dubidou en cortar o cabelo máxico de seu pai para axudar o inimigo do seu pobo. Este feito ocasionou a morte de Pterelao e o sometemento dos tebeleos ao vencedor, quen non tardaría en executar a Cometo.