Cómicos
Cómicos
[IMAX]
Produción cinematográfica española realizada en 1953. Foi dirixida por J. A. Bardem e interpretada por Christian Galvé, Fernando Rey, Emma Penella, Carlos Casaravilla e Rafael Alonso, entre outros. Este filme conta a historia dunha actriz nova que procura abrirse camiño no teatro español de posguerra. Bardem soubo recrear acertadamente o mundo teatral da época con todos os seus matices.