comido -da
comido -da
(< comer)
-
p reg
de comer.
-
adx
Aplícase ao alimento que se inxeriu. Na tradición oral recóllense ditos como: “Bocado comido xa non fai amigo. O comido é o seguro, que o que comido non está, sabe Deus quén o comerá”.
Ex: As patacas deste ano xa están todas comidas.
-
adx
Aplícase á persoa que vén de comer.
Ex: Esperámolos para xantar, pero xa viñan comidos.
-
adx
Que está roído ou gastado.
Ex: Tes os pantalóns comidos na cueira.
Frases feitas
-
Ir o comido polo servido. Expresión que se emprega cando o que se gaña é equivalente ao que se gasta ou cando se paga un favor con outro.