comitatus*

comitatus*
s m [HIST]

Xurisdicións territoriais de diversos tamaños instituídas polos monarcas asturianos en Galicia, dende finais do s VIII ata o s XI. O monarca situaba á fronte delas a un delegado coa obriga de manter a orde, ocuparse da administración de xustiza, recadar os tributos, organizar as prestacións persoais dos homes de cada circunscrición e dirixir as tropas. A evolución do reino levou a que o monarca lles concedese aos grandes señores a encomenda de dirixir varias destas xurisdicións, co privilexio de inmunidade.