Comité das Rexións de Europa

Comité das Rexións de Europa

Órgano con carácter consultivo creado polo Tratado da Unión Europea e asinado en Maastricht o 7 de febreiro de 1992. Está composto por representantes das colectividades rexionais e locais dos quince estados membros da UE. Os seus compoñentes son nomeados polos membros do Consello Europeo, por catro anos e por unanimidade. O Comité das Rexións pode ser consultado polo Consello ou pola Comisión Europea en materias de educación, xuventude, cultura, saúde pública, redes transeuropeas e cohesión económica e social. Tamén pode emitir un ditame por propia iniciativa cando se considera que están en xogo intereses rexionais específicos.