Como
Como
Capital da provincia homónima, en Lombardia, Italia, situado ao SO do lago Como (83.264 h [1998]). A súa situación, en contacto entre os Alpes e a chaira do Po, convérteo nun destacado centro comercial, turístico e industrial. Ocupada polos romanos (196 a C), transformouse posteriormente en colonia. Foi un dos centros da sublevación nacionalista de 1848 e integrouse no Reino de Italia en 1859. Do seu patrimonio sobresaen a catedral, de mármore, comezada no 1396 en estilo gótico e rematada no s XVI con trazos renacentistas, e o Broletto, antigo palacio municipal (1215).