compañía
(
-
s
f
compaña.
-
[ECON]
-
s
f
Asociación, sociedade ou empresa, con fins económicos, industriais ou comerciais.
Ex: O número de compañías do ámbito das telecomunicacións segue medrando.
-
compañía de comercio e navegación
Asociación mercantil, xeralmente en forma de sociedade por accións, xurdida desde o s XVI nos países europeos cun comercio máis activo, especialmente de produtos coloniais americanos ou asiáticos. Estas compañías recibían do Estado o privilexio ou monopolio de comerciar con certas rexións ou produtos. A primeira compañía que cobrou relevancia foi a Compañía das Indias Orientais. En España, nas primeiras décadas do s XVIII, xurdiron sociedades como a Compañía Guipuzcoana de Caracas (1728), que comerciaba co cacao, a Compañía de La Habana (1740), especializada no azucre e no tabaco, a Compañía de Santo Domingo, a de Catalunya e a Real Compañía de Filipinas (1785). Coa xeneralización das doutrinas do liberalismo económico, no s XIX, as compañías privilexiadas desapareceron ou foron perdendo poder.
-
s
f
-
s
f
[ESPECT]
Agrupación de actores, técnicos e algún director ou directora que ten como obxectivo fundamental a creación e distribución de espectáculos teatrais. Poden existir outros obxectivos asociados, como a formación, a creación de públicos ou a animación sociocultural, finalidades que conforman, tamén en función das expectativas e intereses dos integrantes, a condición profesional ou afeccionada da mesma. As primeiras compañías profesionais das que hai noticia apareceron en Grecia, mais foi a finais da Idade Media cando colleron un novo pulo, que adquiriu a súa verdadeira dimensión nos ss XVII e XVIII, proceso que recolleu Agustín de Rojas en El Viaje Entretenido (1603). Foi coa aparición do teatro burgués e coa diversificación de públicos e espectáculos, cando as compañías desenvolveron todas as súas posibilidades, sobre todo a medida que se produce a lexitimación social dos profesionais da escena. Nun principio, as compañías estaban asociadas a un actor, a un empresario, a un autor ou a un teatro, pero a principios do s XX foron os directores de escena os que tomaron o control executivo e artístico das mesmas, mentres que na actualidade o seu estatuto presenta múltiples posibilidades, desde a unión cooperativa á sociedade limitada. A chegada do naturalismo e, posteriormente, do simbolismo, a finais do s XIX e principios do s XX, impuxeron melloras na capacidade de escenificación. Entre as compañías que apareceron nesta época cómpre salientar o Teatro da Arte de Moscova (1898), dirixido por Konstantine Stanislavski, ou o Teatre Íntim de Barcelona (1898), de Adriá Gual. No s XX apareceron unha serie de compañías vangardistas como o Teatro Proletario (1920), de Erwin Piscator; o Grupo 1925, de Bertolt Brecht; ou o Teatro Escola de Cali (1955). As primeiras compañías no teatro galego datan do primeiro terzo do s XX, destacando a Escuela Dramática Regional de Declamación, a Escola Dramática Galega, o Conservatorio Nazonal de Arte Galego ou a Compañía Malvar-Vidal, unha das primeiras experiencias profesionais no teatro galego. Posteriormente, a mediados dos setenta, apareceu unha nova serie de compañías que configuran o movemento do Novo Teatro Galego, colectivos entre os que hai que destacar o Teatro Circo, Antroido, Troula, Teatro da Mari-Gaila, Artello, Andrómena, A Farándula, Teatro do Estaribel ou a Compañía Luís Seoane. Despois da creación do Centro Dramático Galego e dunha nova xeira de desenvolvemento no que se crearon un número importante de novas compañías, a finais dos anos noventa, comezou unha nova etapa centrada na posta en marcha de compañías residentes, nun proxecto que pretendía establecer compañías estables de produción e exhibición nas cidades e comarcas máis importantes de Galicia.
-
s
f
[HIST/BÉL]
Desde a Idade Media, conxunto de homes armados, mercenarios, a pé ou a cabalo, baixo o mando dun capitán, recrutados polo rei, polos nobres ou polos conselleiros municipais. Actualmente, a compañía é a unidade primaria táctica e administrativa a partir da que se organizan os batallóns.
-
s
f
[RELIX]
Agrupación relixiosa.
Ex: Compañía de Xesús.
-
s
f
[PESCA]
Conxunto de persoas que se agrupan para dedicarse á pesca conxuntamente.
-
compañía familiar galega
[DER]
Asociación familiar constituída, usualmente, de forma tácita e que está integrada, cando menos, por dous matrimonios labregos: o do pai (instituínte) e o do fillo (patrucio). Ten como fin esencial establecer unha ampla comunidade afectiva e de traballo con respecto á explotación colectiva do traballo común e produce, como efecto inmediato, a atribución igualitaria dos froitos e dos gastos ordinarios.