compatible

compatible

(

  1. adx

    Que é capaz de coexistir en harmonía con outra persoa ou sen excluíla.

    Ex: Levámonos moi ben porque os nosos hábitos son compatibles.

  2. adx

    Que pode acontecer sen ter ningún conflito con algunha cousa que se indica.

    Ex: Conseguiu que fosen compatibles as súas frecuentes viaxes coa dirección da súa propia empresa. O horario do curso non era compatible coa miña xornada laboral.

  3. adx [TECNOL]

    Aplícase aos aparatos e compoñentes que presentan compatibilidade.

    Ex: A cinta de vídeo da cámara non é compatible co teu reprodutor.

  4. adx [INFORM]
    1. Capaz de executar o mesmo software.

      Ex: Os programas que teño no ordenador son compatibles co teu.

    2. Aplícase ao equipo ou á aplicación capaz de traballar en distintos contornos e sistemas.

      Ex: O monitor que eu teño non é compatible co teu sistema informático porque non ten a mesma conexión ca o meu.