compatible
(
-
adx
Que é capaz de coexistir en harmonía con outra persoa ou sen excluíla.
Ex: Levámonos moi ben porque os nosos hábitos son compatibles.
-
adx
Que pode acontecer sen ter ningún conflito con algunha cousa que se indica.
Ex: Conseguiu que fosen compatibles as súas frecuentes viaxes coa dirección da súa propia empresa. O horario do curso non era compatible coa miña xornada laboral.
-
adx
[TECNOL]
Aplícase aos aparatos e compoñentes que presentan compatibilidade.
Ex: A cinta de vídeo da cámara non é compatible co teu reprodutor.
-
adx
[INFORM]
-
Capaz de executar o mesmo software.
Ex: Os programas que teño no ordenador son compatibles co teu.
-
Aplícase ao equipo ou á aplicación capaz de traballar en distintos contornos e sistemas.
Ex: O monitor que eu teño non é compatible co teu sistema informático porque non ten a mesma conexión ca o meu.
-