compatibilidade

compatibilidade

(

  1. s f

    Calidade de compatible.

  2. [INFORM]
    1. s f

      Calidade de dous ordenadores pola que un deles pode executar correctamente un programa do outro ordenador sen necesidade de ningunha corrección.

    2. compatibilidade cara a adiante

      Capacidade dun equipo ou aplicación para seren ampliados.

    3. compatibilidade cara a atrás

      Capacidade de traballar un programa ou un accesorio dun ordenador con equipos ou aplicacións máis antigos que para os que foi deseñado.

    4. compatibilidade Hayes

      Capacidade dun módem para responder ao mesmo conxunto de comandos de marcado automático que o Hayes Smartmodem. Case todos os módems da actualidade son compatibles co estándar Hayes.

    5. compatibilidade PC

      Capacidade dun ordenador para executar o mesmo programa e utilizar os mesmos accesorios de hardware do estándar coñecido como PC IBM e de ordenadores máis recentes do mesmo tipo. Algúns ordenadores poden emular por software eses modelos e executar software de PC nunha unidade central de proceso completamente diferente, como unha RISC de Sun ou un chip Power PC. Se un ordenador só necesita intercambiar datos cun PC IBM, non necesita ser compatible co estándar de IBM; só lle cómpre un medio de comunicacións axeitado, como as liñas telefónicas ou unha rede de área local co software axeitado.

  3. s f [MAT]

    Calidade dos sistemas de ecuacións que teñen solución.

  4. s f [MAT]

    consistencia.

  5. s f [TECNOL]
    1. Característica dun sistema estereofónico de son que permite a gravación e a reprodución de programas estereofónicos mediante un equipo monofónico, e viceversa.

    2. Característica dun sistema de radiodifusión en frecuencia modulada que permite que as emisións estereofónicas se poidan recibir por un receptor monofónico, e viceversa. Isto é posible porque nunha tranmisión estereofónica se trasmiten a suma e a diferenza dos sinais correspondentes ás canles dereita e esquerda. Os receptores monofónicos só reciben a suma e, deste xeito, a recepción é monofónica. Os estereofónicos, a partir dos dous sinais recibidos, separan as informacións correspondentes ás canles dereita e esquerda.

    3. Característica que reúnen os sistemas de transmisión de televisión ao permitiren que as emisións en cor poidan ser recibidas por un receptor en branco e negro, e viceversa. Por iso, a información de vídeo que se quere transmitir está dividida en dúas partes: luminancia, ou escala de grises, e crominancia, ou contido de cor. Un receptor en branco e negro non recolle a información de crominancia; por outra banda, se un receptor de televisión en cor recibe unha transmisión en branco e negro, sen información de crominancia, dará unha imaxe en branco e negro.

  6. compatibilidade sanguínea [FISIOL]

    Posibilidade de mestura de dous sangues sen que se produzan trastornos, tales como os fenómenos de lise ou de aglutinación. Nunha transfusión sanguínea, para saber se a compatibilidade sanguínea do doador e do receptor é perfecta, empréganse as probas cruzadas.

Palabras veciñas

compasar | compasible | compasivo -va | compatibilidade | compatibilizar | compatible | compatriota