compendio

compendio

(< lat compendĭu ‘proveito, resumo’)

  1. s m

    Exposición sucinta, oral ou escrita, do máis substancial dunha exposición, un tratado ou outra obra máis extensa.

    Ex: Un compendio de xeografía universal.

    Sinónimos: extracto, resumo. Confrontacións: breviario, esquema.
  2. s m

    Persoa ou cousa que reúne un conxunto de cousas ou simboliza a calidade expresada.

    Ex: A nosa relación foi un compendio de insatisfaccións mutuas. Ó oílo decatábaste de que era un compendio de sabedoría.