competitivo -va

competitivo -va

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente á competición.

    Ex: Moitos deportes competitivos aínda non son olímpicos.

  2. adx

    Que pode resistir a competencia con outros.

    Ex: Os prezos da nova empresa son moi competitivos.

  3. adx

    Aplícase á persoa que tende a competir cos demais nas actividades que realiza e ao seu xeito de actuar.

    Ex: Gustaríame estar rodeada de xente menos competitiva. O ambiente na xunta directiva é moi competitivo.

Palabras veciñas

competidor -ra | competir | competitividade | competitivo -va | Compiègne | compilación | compilador -ra