competitivo -va
competitivo -va
(
-
adx
Relativo ou pertencente á competición.
Ex: Moitos deportes competitivos aínda non son olímpicos.
-
adx
Que pode resistir a competencia con outros.
Ex: Os prezos da nova empresa son moi competitivos.
-
adx
Aplícase á persoa que tende a competir cos demais nas actividades que realiza e ao seu xeito de actuar.
Ex: Gustaríame estar rodeada de xente menos competitiva. O ambiente na xunta directiva é moi competitivo.