compilación
(
-
s
f
Acción e efecto de compilar.
-
s
f
Obra que resulta da selección e ordenación de diversos textos, en función do criterio escollido polo autor, como, por exemplo, os refraneiros, romanceiros, cancioneiros, etc. Pode incluír escritos íntegros ou fragmentarios. Reciben igualmente este nome as obras eruditas que agrupan e sintetizan obras anteriores.
-
s
f
[DER]
Colección de leis, doutras disposicións normativas e, ás veces, de costumes, catalogadas cronoloxicamente ou por materias, que se transforma nunha orde xurídica con capacidade para obrigar no momento en que a promulga oficialmente o poder lexislativo. En caso contrario, constitúe unha simple colección privada na que as disposicións contidas teñen capacidade de seu para producir obrigas segundo o seu rango xurídico e o seu ámbito de aplicación. A tradición das compilacións é moi antiga e desenvolveuse extraordinariamente no mundo romano, en especial con Xustiniano, quen realizou unha codificación das normas do Dereito Romano entre os anos 529 e 534, co título de Codex Repetitae Praelectionis. Esta técnica lexislativa adoptouna o ordenamento xurídico español para recoller e sistematizar as normas de dereito propias das comunidades autónomas nas que o Código Civil constitúe unha fonte supletoria.