compilador -ra

compilador -ra

(

  1. adx e s

    Que ou quen compila.

  2. [INFORM]
    1. s m

      Programa de ordenador que traduce C, BASIC, Pascal ou unha linguaxe de programación similar de alto nivel a linguaxe máquina. O programa en linguaxe de alto nivel alimentado no ordenador chámase programa fonte; o programa en linguaxe máquina xerado é o programa obxecto. Os compiladores contrastan cos intérpretes, que almacenan o código fonte e o executan instrución a instrución sen producir nunca un programa obxecto. A gran vantaxe dun compilador é que un programa obxecto pode ser executado en calquera ordenador axeitado, tanto se está instalado o compilador como se non. Ademais, o código compilado execútase de 10 a 1.000 veces máis rápido ca o código interpretado. Non obstante , os intérpretes fan que sexa máis fácil examinar e modificar o programa mentres se executa. Ademais, moitos intérpretes poden almacenar o código fonte dunha forma compacta que ocupa moito menos espazo que un programa obxecto. Tradicionalmente, C, Pascal e FORTRAN están sempre compilados; Prolog e Lisp son interpretados con frecuencia debido á necesidade de facer modificacións no tempo de execución; e BASIC pode ser manexado das dúas formas. Os primeiros ordenadores persoais viñan case sempre con intérpretes BASIC.

    2. compilador incremental

      Compilador que traduce a linguaxe máquina as liñas dun programa a medida que se introducen no ordenador, en lugar de compilar o programa completo dunha vez. A finalidade é evitar que o programador teña que esperar moito tempo a que se compile o programa completo cando estea terminado.

Palabras veciñas

competitivo -va | Compiègne | compilación | compilador -ra | compilar | compitais | compleción