Compiègne

Compiègne

Cidade do departamento de Oise, na Picardie, Francia, na confluencia dos ríos Oise e Aisne (41.896 h [1990]). O sector industrial constitúe a base da súa economía, e caracterízase, fundamentalmente, polas industrias químicas, alimentarias e mecánicas. Entre os seus monumentos, sobresaen o castelo (s XVIII) e a casa do concello. Foi fundada polos romanos co nome de Compendium. Ao final da Primeira Guerra Mundial, foi asinado nesta cidade o primeiro armisticio de Compiègne (11 de novembro de 1918), e durante a Segunda Guerra Mundial, Alemaña obrigou o goberno do mariscal Pétain a asinar o segundo armisticio de Compiègne (22 de xuño de 1940), polo que Francia cedía as dúas terceiras partes do seu territorio.