competitividade
competitividade
(
-
s
f
Calidade de competitivo.
-
s
f
[ECON]
Capacidade para a produción e venda de produtos e a prestación de servicios nos mercados interiores e exteriores. O obxectivo esencial dunha estratexia de fomento da competitividade é potenciar a capacidade de adaptación eficiente da economía ante os cambios na tecnoloxía, nos mercados e nas institucións.
-
índice de competitividade
[ECON]
Indicadores que, en función da evolución do índice de prezos ao consumo e da flutuación do tipo de cambio da propia moeda, miden a forma en que evoluciona, sobre unha base 100 no ano de referencia, a capacidade de competir dun estado concreto nun período de tempo.