complexidade

complexidade

(

  1. s f

    Calidade de complexo.

    Ex: Investiga un tema de gran complexidade.

  2. teorías da complexidade [SOCIOL]

    Teorías que conciben a realidade social como un sistema onde cada unha das súas compoñentes xa non pode conectarse en todo momento coas demais. Este feito obriga ao sistema social a seleccionar determinadas relacións entre os seus elementos para asegurar a súa pervivencia. Esta noción estivo presente no pensamento social dende a obra de Herbert Spencer (1820-1903), posteriormente a desenvolveron a teoría de sistemas, a teoría da información, a cibernética e a teoría de sistemas complexos. No estudio destas teorías destaca a obra de Niklas Luhmann (1927-1998). OBS: A grafía x representa o son [ks].

Refráns

  • Buscarlle cinco pes ao gato, cando non ten máis que catro.
  • De longas vías saen longas mentiras.