completo -ta

completo -ta

(

  1. adx
    1. Que contén todas as características ou as partes das que se constitúe.

      Ex: Comprou un xogo de café completo.

    2. Que non presenta ningunha eiva na súa integridade.

      Ex: A súa satisfacción era completa naquel momento.

  2. adx

    Aplícase a quen ten boas calidades.

    Ex: É unha persoa moi completa e pódese falar con el de todo. O equipo conta cos xogadores máis completos.

  3. adx

    Que non implica restricións.

    Ex: A presentación do libro foi un éxito completo.

    Sinónimos: total.
  4. adx

    Que ten todas as prazas ocupadas.

    Ex: O cine estaba completo.

  5. adx

    Que ten as propiedades que o identifican e distinguen doutro.

    Ex: É un inútil completo, fai todo ó revés

Frases feitas

  • Por completo loc adv Completamente.

Palabras veciñas

completar | completas | completivo -va | completo -ta | completorio -ria | complexante | complexidade