completivo -va

completivo -va

(< lat completīvu)

  1. adx

    Que completa ou serve para completar.

  2. conxunción completiva [LING]

    Conxunción que introduce unha cláusula intercalada en función de suxeito, complemento directo ou atributo. As conxuncións completivas son que e se (

    Ex: Eu coido que o que está a relatar el non é verdade. Non sei se o debo facer). OBS: Emprégase que cando se expresa certeza e se cando se expresa incerteza ou dúbida.

  3. cláusula completiva [LING]

    Cláusula que exerce a función sintáctica de suxeito ou complemento (directo, indirecto ou circunstancial), introducida por que ou se (

    Ex: Díxome que sentase. Non sei se me corresponde ou non).

Palabras veciñas

complemento | completar | completas | completivo -va | completo -ta | completorio -ria | complexante