complemento
(
-
s
m
Aquilo que se engade a unha cousa para que estea completa.
Ex: O bolso é un complemento que ten que ir de acordo cos zapatos. As especias son un complemento da comida.
-
s
m
[MAT]
Diferencia entre a potencia de base 10 e de expoñente igual ao número de cifras de que consta un número e o mesmo número.
-
s
m
[MAT]
Arco ou ángulo que hai que engadir a un arco ou a un ángulo para conseguir un cuadrante ou un ángulo recto.
-
s
m
[FISIOL]
Sistema composto por quince enzimas ou máis, diferentes do plasma e relacionados entre eles de maneira que entran en actividade secuencialmente, determinando a formación de substancias de notable importancia no proceso de inflamación. A activación do sistema do complemento provoca efectos como a lise celular, a liberación de histamina polos mastocitos e polas plaquetas, o aumento da permeabilidade dos vasos sanguíneos, a quimiotaxe dos leucocitos e a neutralización de determinados virus. Ademais, relaciónase con outros sistemas, como o da coagulación e o da fibrinolise, e intervén na patoxenia de diversas enfermidades inmunolóxicas, como o lupus eritomatoso sistémico, a artrite reumatoide, a glomerulonefrite e a anemia hemolítica autoinmune. Por iso, a determinación dos niveis de complemento no sangue é útil no diagnóstico destas enfermidades e tamén no control da súa evolución e resposta ao tratamento.
-
s
m
[MÚS]
Diferencia entre un intervalo simple e unha oitava.
-
[LING]
-
complemento adverbial
Etiqueta de función que, nalgúns modelos gramaticais, se lles asigna aos complementos circunstanciais que eventualmente son argumentos, e non satélites como acostuman; é dicir, aos circunstanciais seleccionados por certos verbos como constituíntes necesarios da oración. É o caso, sobre todo, de determinados complementos locativos (
Ex: Residen en Vigo), modais (Ex: Portouse ben) e de magnitude (Ex: A árbore mide dez metros. A película dura dúas horas).
-
complemento axente
Función sintáctica argumental exclusiva da oración pasiva, que desempeña o constituínte equivalente ao suxeito da oración activa correspondente (
Ex: O ladrón foi detido polo garda vs O garda detivo o ladrón). Vai por regra precedido da preposición por (marca desta función), aínda que nalgúns casos excepcionais, con determinados participios, tamén admite de (Ex: É sabido de todos que el foi o autor). Cando a pasiva se usa como construción impersoal omítese o complemento axente (Ex: O premio foi declarado deserto).
-
complemento circunstancial
Complemento xeralmente non argumental (satélite) que dá conta das circunstancias nas que ten lugar o evento denotado polo verbo (
Ex: Luís rompeu o xoguete onte cun martelo na miña casa). A súa clasificación non se sustenta en criterios formais, senón que é de índole semántica e materialízase en inventarios máis ou menos abertos (tempo, modo, lugar, compaña, cantidade, causa, finalidade, instrumento, etc). A súa condición de satélite fai que teña características diferenciais con respecto ós demais complementos, como a ausencia de marcadores funcionais que o identifique ou a posibilidade de que nun enunciado haxa varios, feito que non sucede cos demais complementos nin co suxeito. Asemade, o seu carácter periférico permite unha maior liberdade na colocación dos circunstanciais, sen que as alteracións de orde teñan repercusións na estrutura da oración (Ex: Onte Luís na miña casa rompeu cun martelo o xoguete; fronte ó caso dos complementos directo ou indirecto, nos que a anteposición ó verbo implica a aparición obrigada de cadanseu clítico marcador de tales funcións, como en Ós afectados o aviso enviéillelo por correo, fronte a Enviei por correo o aviso ós afectados). Excepcionalmente algúns verbos seleccionan como argumentos especificacións de circunstancia (Ex: Residen en Vigo. Portouse ben). Estes complementos circunstanciais argumentais considéranse nalgunhas teorías gramaticais función á parte, denominada complemento adverbial.
-
complemento de obxecto directo
Función sintáctica argumental que delimita ou precisa o significado expresado polo verbo. Formalmente, identifícase pola posibilidade de ser substituído polos pronomes átonos o, a, os, as (coas súas variantes alomórficas: -lo, -no, etc) segundo o xénero e número do obxecto directo (
Ex: Pousei os libros na mesa/Pouseinos na mesa); no caso de ir o obxecto directo anteposto ó verbo adoita aparecer o clítico, ademais do complemento, sen substituílo (Ex: Os libros pouseinos na mesa). Vai introducido pola preposición a cando é un pronome persoal tónico (Ex: Vina a ela en Padrón), un nome de parentesco (Ex: Vin a teus pais) e case sempre cos nomes propios de persoa (Ex: Vin a Uxía onte, aínda que tamén é posible Vin Uxía). Tamén pode ser necesaria a marca preposicional a noutros casos nos que o obxecto directo se poida confundir co suxeito, por alteración da orde sintáctica normal (Ex: O león matou o tigre/ Matou o león ó tigre). Nas oracións que admiten voz pasiva, os elementos que desempeñan a función de obxecto directo na activa pasan a funcionar como suxeito na pasiva (Ex: O tigre foi matado polo león). Tamén se denomina abreviadamente complemento directo ou obxecto directo.
-
complemento de obxecto indirecto
Función sintáctica non sempre argumental que complementa o conxunto formado polo verbo e o obxecto directo, ou o verbo só cando non aparece na oración ningún obxecto directo. Formalmente se identifica pola presenza dos pronomes átonos lle, lles, en concordancia co número do obxecto indirecto, ben substituíndoo (
Ex: Prestoulle un libro) ou ben acompañándoo sen substituílo (Ex: Prestoulle un libro a María). Vai sempre introducido pola preposición a. As frases preposicionais con para non deben ser analizadas como obxectos indirectos, a pesar da súa eventual semellanza semántica con esta función (compárese: Merquei este libro para María/Merqueille este libro a María). Tamén se denomina abreviadamente complemento indirecto ou obxecto indirecto.
-
complemento de obxecto preposicional
Complemento argumental que modifica directamente o contido expresado polo verbo, especificándoo dunha maneira semellante a como adoita facer o obxecto directo, pero que, a diferenza deste, vai sempre introducido por unha preposición. Segundo a preposición estea rexida polo verbo (é dicir, seleccionada por el) ou non, distínguense dous tipos. No obxecto preposicional rexido (tamén chamado suplemento ou complemento de réxime preposicional) a preposición varía dun verbo a outro, pois está escollida por el: constar de, confiar en, optar por, acceder a, contar con, etc (
Ex: No traballo non confían en ninguén). A complementación que realiza é moi próxima á do obxecto directo, réxime preposicional á parte (Ex: Creo as súas palabras/nas súas palabras. Lembro as súas palabras/Lémbrome das súas palabras), e de feito ambos tipos de obxectos adoitan ser incompatibles na mesma oración, aínda que en ocasións aparecen xuntos (Ex: Confunde a fame coas ganas de comer). Asemade existe un obxecto preposicional non rexido, no que a complementación, similar tamén á que fai o obxecto directo, vai introducida pola preposición en, non seleccionada polo verbo (Ex: Leva toda a mañá lendo no libro). Este é un complemento bastante característico do galego, usado moi frecuentemente en oracións de aspecto durativo, non terminativo (Ex: Comín no queixo, non é o mesmo ca Comín o queixo), e incompatible co obxecto directo na mesma oración. Ambos tipos de obxecto preposicional non deixan resto pronominal átono ningún (fronte ó que ocorre cos obxectos directo e indirecto) e só son substituíbles pola preposición máis un pronome tónico (Ex: Lémbrome delas. Comín nel).
-
complemento predicativo
Complemento que desempeña unha dobre función simultánea na oración: (i) atributo referido a un substantivo co que concorda en xénero e número, e asemade (ii) complemento circunstancial, case sempre modal, do verbo (
Ex: Merquei o libro moi barato=O libro era moi barato + Merqueino así). Segundo a función sintáctica do substantivo ó que fai referencia distínguese entre predicativo de suxeito (Ex: As augas baixan revoltas) e predicativo de complemento directo (Ex: Deixaron as camas feitas). A supresión deste complemento deixa como resto un adverbio así, (ou raramente o pronome neutro invariable iso: Elixiron a María deputada/Elixírona iso). Non adoita ser un complemento argumental, aínda que ás veces si o é (Ex: Considero a María moi válida).
-
s
m
Elemento funcional da cláusula que mantén sempre unha relación de dependencia con respecto ao núcleo oracional (verbo) e que, dende o punto de vista semántico, vén completar a información proporcionada por este. Cada verbo en particular pode esixir a presenza dun ou varios constituíntes necesarios para completar unha oración, que se coñecen como argumentos (
Ex: pousar selecciona tres argumentos: Anabel pousou o libro na mesa); o primeiro argumento é sempre o suxeito na oración activa; os restantes argumentos desempeñan todos funcións de complementos. Ademais dos argumentos nas oracións poden aparecer tamén complementos satélites, non esixidos polo predicado, que achegan especificacións adicionais e facultativas, xeralmente de circunstancias (lugar, tempo, etc) que fan referencia ao conxunto da oración (Ex: María le un libro no chan). Un complemento argumental pode ser obrigatorio (Ex: Residen en Caracas/*Residen) ou prescindible, cando se pode deixar sen especificar (Ex: Estivo lendo un libro/Estivo lendo). Non obstante , os satélites son sempre facultativos e, polo tanto, prescindibles.
-
complemento adverbial
-
complemento dunha parte dun conxunto
[MAT]
Dada unha parte A dun conxunto C, A0C, subconxunto de C formado polos elementos de C que non pertencen a A. Represéntase por CA. De maneira menos precisa pódese definir o complemento dun conxunto calquera C como o complemento do conxunto respecto ao conxunto universal U (formado por todos os posibles elementos de todos os posibles conxuntos); deste xeito, o complemento de C é o conxunto C’, tal que C∪C’=U e C3C’=5.
-
complemento rítmico
[LIT]
Expresión cuñada por Tomás Navarro para aludir aos recursos expresivos ou figuras literarias que afectan á orde e disposición das palabras (antíteses, paralelismos, repeticións, etc) e a determinados fenómenos que contribúen a reforzar o ritmo interno do verso.
-
complemento salarial
[ECON]
Conxunto das partidas retributivas que se engaden ao salario base en atención á concorrencia de determinadas circunstancias. Abrangue, entre outros, os complementos persoais, os do posto de traballo, os complementos por cantidade e calidade do traballo, os de vencemento superior ao mensual, os complementos en especie, os de transporte e os de residencia.