complementariedade

complementariedade

(

  1. s f

    Calidade de complementario.

  2. s f [ECON]

    Actuación conxunta entre dous ou máis bens para satisfacer unha necesidade determinada; a aplicación deste tipo de técnicas deriva da escola económica marxinalista.

  3. s f [LING]

    Relación de oposición semántica que se establece entre dous termos cando a negación dun implica a afirmación do outro (

    Ex: casado/ solteiro, vivo/morto, masculino/feminino).

  4. principio de complementariedade [FÍS]

    Principio, establecido por Niels Bohr en 1927, que se aplica cando se quere dar unha descrición da cinemática e da dinámica dunha partícula, ou de fenómenos relacionados, mediante conceptos clásicos, pese a que os fenómenos poidan transcender sobradamente o alcance das explicacións da física clásica. Enunciouse como consecuencia da nova significación que tomaba a palabra experiencia no estudo dos fenómenos a escala atómica. Tanto a interacción entre o sistema físico e o aparello de medición coma o erro que pode aparecer englóbanse polo principio de incerteza de Heisenberg.

Palabras veciñas

compitais | compleción | complementar | complementariedade | complementario -ria | complemento | completar