complementariedade
(
-
s
f
Calidade de complementario.
-
s
f
[ECON]
Actuación conxunta entre dous ou máis bens para satisfacer unha necesidade determinada; a aplicación deste tipo de técnicas deriva da escola económica marxinalista.
-
s
f
[LING]
Relación de oposición semántica que se establece entre dous termos cando a negación dun implica a afirmación do outro (
Ex: casado/ solteiro, vivo/morto, masculino/feminino).
-
principio de complementariedade
[FÍS]
Principio, establecido por Niels Bohr en 1927, que se aplica cando se quere dar unha descrición da cinemática e da dinámica dunha partícula, ou de fenómenos relacionados, mediante conceptos clásicos, pese a que os fenómenos poidan transcender sobradamente o alcance das explicacións da física clásica. Enunciouse como consecuencia da nova significación que tomaba a palabra experiencia no estudo dos fenómenos a escala atómica. Tanto a interacción entre o sistema físico e o aparello de medición coma o erro que pode aparecer englóbanse polo principio de incerteza de Heisenberg.