completivo -va
completivo -va
(< lat completīvu)
-
adx
Que completa ou serve para completar.
-
conxunción completiva
[LING]
Conxunción que introduce unha cláusula intercalada en función de suxeito, complemento directo ou atributo. As conxuncións completivas son que e se (
Ex: Eu coido que o que está a relatar el non é verdade. Non sei se o debo facer). OBS: Emprégase que cando se expresa certeza e se cando se expresa incerteza ou dúbida.
-
cláusula completiva
[LING]
Cláusula que exerce a función sintáctica de suxeito ou complemento (directo, indirecto ou circunstancial), introducida por que ou se (
Ex: Díxome que sentase. Non sei se me corresponde ou non).