complicación
(
-
s
f
Acción e efecto de complicar ou complicarse.
Ex: Demorámonos polas complicacións das obras.
-
s
f
Calidade do que é complicado.
Ex: A complicación do exercicio dificultou a súa pronta realización.
-
s
f
-
Circunstancia que complica unha situación.
Ex: Xurdiron complicacións e tivemos que nos retirar.
-
[MED]
Aparición, durante o curso normal dunha enfermidade, dunha afección ou unha síndrome que a agrava.
-
-
s
f
Situación que presenta dificultades.
Ex: Debes desculpalo porque ten complicacións na casa.
-
s
f
[LIT]
Momento da obra dramática, en especial na tradición clásica, no que o conflito se intrica con novas peripecias, de xeito que o heroe ve desaparecer, sucesivamente, posibilidades de solucionalo e a tensión dramática é cada vez maior. No curso da representación, cada episodio incrementa a súa complicación ata o remate, que pode adoptar a forma dun conflito aberto ou ben resolverse na catástrofe ou momento no que o heroe paga o seu erro tráxico.