compra

compra

(< comprar)

  1. s f
    1. Acción e efecto de comprar, especialmente o necesario para unha casa.

      Ex: A compra dos dereitos de autor foi un acto delitivo. Fixo unhas compras na súa cidade. Esta semana xa fixen eu a compra.

    2. [COMUN]

      Orde de publicación dun anuncio baixo unhas condicións previamente acordadas. Realízase mediante unha orde que a axencia de publicidade emite; constitúe, en si mesma, un contrato.

  2. s f

    Aquilo que se compra, en especial o que se adquire para satisfacer as necesidades dunha casa.

    Ex: Ensinouche a última compra que fixo? Hai que gastar 5.000 pesetas para que leven a compra a casa.

  3. s f

    Suborno que se fai a alguén para conseguir algo.

Palabras veciñas

compostor -ra | compostura | compota | compra | comprable | compracencia | compracente