compota
compota
(< fr compote)
s
f
[ALIM]
Doce de froita, que se prepara cocéndoa con auga e cun máximo do 15% de azucre, polo xeral perfumado con canela ou codia de limón. Como norma xeral, sérvese fría e pódese aromatizar con algún licor ou viño. O produto pódese esterilizar e envasar en recipientes herméticos. En Euskadi é típico facer unha compota no Nadal con ameixas pasas, figos secos e mazá.