compota

compota

(< fr compote)

s f [ALIM]

Doce de froita, que se prepara cocéndoa con auga e cun máximo do 15% de azucre, polo xeral perfumado con canela ou codia de limón. Como norma xeral, sérvese fría e pódese aromatizar con algún licor ou viño. O produto pódese esterilizar e envasar en recipientes herméticos. En Euskadi é típico facer unha compota no Nadal con ameixas pasas, figos secos e mazá.

Palabras veciñas

compostoiro | compostor -ra | compostura | compota | compra | comprable | compracencia