compresa

compresa

(< lat compressa ‘comprimida’)

s f

Anaco de tea ou gasa pregada en diversas dobreces, ou ben diferentes capas absorbentes de algodón ou de celusosa, que se emprega para recoller líquidos, secrecións ou o produto da menstruación. Cando se aplica sobre unha lesión para evitar posibles infeccións, esterilízase previamente dentro duns botes metálicos, xeralmente no autoclave.