comprometer

comprometer

(

  1. v t
    1. Pór alguén ou algo nun compromiso.

      Ex: Con aquelas declaracións, comprometeu o seu prestixio.

    2. Facer que alguén interveña nun asunto no que se arrisca ou que faga ou diga algo que non lle convén.

      Ex: Comprometeuno para que interviñese naquela operación tan perigosa.

      Sinónimos: implicar, involucrar.
    3. Mesturar a alguén en algo, deixándoo nunha situación crítica ou ligándoo aos propios intereses.

      Ex: A nosa confabulación comprometeuno naquel asunto. Destruíu as probas que o comprometían.

      Sinónimos: implicar, involucrar.
    4. Descubrir a participación de alguén nun asunto normalmente delitivo.

      Ex: A declaración do seu amigo comprometeuno no roubo.

  2. v t
    1. Acordar algo dúas ou máis persoas.

      Ex: Xa comprometeron a metade das localidades.

    2. Prometer en matrimonio.

      Ex: Comprometeu a filla co home máis rico do lugar.

  3. v t

    Facer que alguén se sinta obrigado a intervir nalgún asunto ou a realizar algo.

    Ex: Comprometeron a xunta directiva nas negocións co concello. Comprometérono a seguir no equipo dúas temporadas máis.

  4. v t
    1. Pór en perigo algunha cousa.

      Ex: Se segues falando dos resultados que obtivemos, comprometes o experimento. Comprometeu o seu honor ó defender o presunto asasino.

    2. Poñer o honor ou a palabra como garantía de algo.

  5. v pron

    Sentirse obrigado a algo por unha promesa.

    Ex: Comprometinme a dar os cartos de aquí a un ano. Comprometeuse a non fumar nunca máis.

  6. v pron

    Asumir a participación en algo normalmente delitivo.

    Ex: Falando con aquel home, comprometeuse.

  7. v pron

    Prometerse dúas persoas en matrimonio.

    Ex: Comprometéronse xa hai moitos anos pero non dan casado.

Conxugar
VERBO comprometer
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comprometo
comprometes
compromete
comprometemos
comprometedes
comprometen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comprometía
comprometías
comprometía
comprometiamos
comprometiades
comprometían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comprometín
comprometiches
comprometeu
comprometemos
comprometestes
comprometeron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comprometera
comprometeras
comprometera
comprometeramos
comprometerades
comprometeran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comprometerei
comprometerás
comprometerá
comprometeremos
comprometeredes
comprometerán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comprometería
comprometerías
comprometería
comprometeriamos
comprometeriades
comprometerían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comprometa
comprometas
comprometa
comprometamos
comprometades
comprometan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comprometese
comprometeses
comprometese
comprometesemos
comprometesedes
comprometesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comprometer
comprometeres
comprometer
comprometermos
comprometerdes
comprometeren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
compromete
-
-
comprometede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comprometer
comprometeres
comprometer
comprometermos
comprometerdes
comprometeren
Xerundio comprometendo
Participio comprometido
comprometida
comprometidos
comprometidas