compromisario -ria

compromisario -ria

(< lat compromissarĭu)

  1. s [DER]

    Árbitro nomeado para decidir unha cuestión litixiosa. Pode ser de dereito, se é un letrado e decide conforme ás normas xurídicas; ou de equidade, se non é xurista e decide en función do seu leal criterio.

  2. s [DER]

    En certas eleccións, elector a quen os outros lle coutorgan poderes para elixir.

    Ex: Cada sección elixe dous compromisarios para a elección do presidente.

  3. s [DER]

    Representante designado nas eleccións primarias de certos sistemas electorais, para que vote nas secundarias ou nas dun grao ulterior. Trátase dun sistema común nos EE UU e nalgúns países latinoamericanos para a elección do presidente da república. No Estado español, só existiu en 1877 para a elección de senadores e en 1931 para a elección do presidente da república.

Palabras veciñas

comprometer | comprometido -da | comprometimento | compromisario -ria | compromiso | compromisorio -ria | Compsognathus