Compsognathus

Compsognathus
[PALEONT]

Xénero de dinosauros da familia dos compsognátidos. De ata 60 cm de lonxitude e con menos de 4 kg de peso, presenta o pescozo e a cola longos, as patas dianteiras moi curtas, con dous dedos, e as patas traseiras longas, rematadas en tres dedos con garras e cun cuarto dedo reducido e orientado cara a atrás. Eran cazadores veloces de finais do Xurásico, dos que se conservan restos fósiles en xacementos de Alemaña.