compromiso
(
-
s
m
-
Obrigación contraída entre persoas por unha promesa, unha palabra dada, etc.
Ex: Onte non me esperou para cear porque tiña un compromiso. Aínda non tentaron formalizar o seu compromiso.
-
[LIT/ESPECT]
Na literatura, no cine ou en calquera outro medio artístico, tendencia que concibe a obra co obxectivo fundamental de que interveña na transformación da sociedade, desde un punto de vista ideolóxico ou político. Oponse á concepción da “arte pola arte”, que vindica o valor estético das manifestacións artísticas e que lle nega a capacidade de operar cambios na sociedade. No eido literario houbo, ao longo da historia, momentos nos que a implicación dos intelectuais na dinámica socio-política foi máis acusada, como aconteceu no romanticismo (Vic22tor Hugo e Mariano J. de Larra) e no realismo (Èmile Zola). Hai que salientar as achegas de Jean-Paul Sartre á reflexión sobre o papel do escritor na sociedade a través da revista Les temps modernes e do ensaio Qu’est-ce que la littérature? (Que é a literatura?, 1974). Un modelo de literatura comprometida foi a obra dramática de Bertolt Brecht, na que a implicación política e social vinculouse ao pulo renovador de formas e técnicas. Na literatura galega hai múltiples exemplos de compromiso, entre eles cómpre citar a poesía de Celso Emilio Ferreiro, marcada pola oposición á ditadura franquista e pola atención que lles presta aos problemas do seu tempo, ou o posicionamento feminista de autoras como Mª Xosé Queizán, Chus Pato ou Olga Novo.
-
-
s
m
Situación difícil ou crítica na que é complicado decidir qué facer. Na tradición oral recóllense ditos como: “Moi mal me quer o que nun compromiso me quixo meter”.
Ex: Coas túas indiscrecións puxéchelo nun compromiso.
Sinónimos: apuro. -
s
m
[DER]
-
Contrato especial formalizado en escritura pública polo que as partes dunha controversia estipulan que o conflito existente entre elas sexa resolto por terceiras persoas, unha ou máis en número necesariamente impar, designadas por elas mesmas. As partes teñen o acordo expreso de acatar a súa decisión.
-
Escritura ou acta na que consta o compromiso das partes a someterse a unha arbitraxe imparcial.
-
Resolución dun litixio por arbitraxe.
-
-
[DER]
-
s
m
Delegación que, co fin de elixir os ocupantes de determinados cargos civís ou eclesiásticos, fan os electores nun deles ou en máis dun para designar o que debe de ser nomeado para o cargo.
-
elección por compromiso
Forma de elección do dereito canónico consistente na circunstancia de que os electores, unanimamente e por escrito, confiran a unhas determinadas persoas o dereito de elixir en nome de todos.
-
s
m
-
compromiso histórico
[POLÍT]
Estratexia política formulada polo Partido Comunista Italiano no transcurso do XIII Congreso de 1972, e enriquecida e matizada no XIV Congreso de 1975. O seu principal promotor foi Enrique Berlinguer, naquel momento secretario xeral do Partido, e a súa xustificación residía na situación política italiana. Como estratexia, significaba o encontro na sociedade e nas institucións das grandes correntes populares (comunistas, socialistas e católicos), para lograr un cambio democrático en Italia. Co avance do eurocomunismo entre os partidos comunistas occidentais, sobre todo de España e Francia, e tralos sucesos de Chile en 1973 (golpe de estado do xeneral Pinochet, que derrocou o goberno de Allende), a estratexia do compromiso histórico arraigou como fórmula para lograr un cambio democrático que conducise ao socialismo. En España, esa táctica levou ao Partido Comunista de España a asinar os Pactos da Moncloa en 1977; así mesmo, o achegamento do Partido Comunista Francés ao Partido Socialista significou a participación dos comunistas no primeiro goberno de Mitterrand en 1980.
-
persoa de compromiso
Persoa que pode comprometer ou pode ser comprometida se non se trata de xeito correcto.