Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa
Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa
Organización internacional fundada en 1996 e integrada por Portugal, Angola, Guiné-Bissau, Cabo Verde, Moçambique, São Tomé e Príncipe e Brasil. Os seus fins son a promoción da lingua portuguesa e a cooperación cultural, social, científica e xurídico-institucional entre os países membros. Pretende tamén a constitución dunha plataforma común internacional nos organismos aos que pertencen os seus membros. Os seus órganos de goberno son a Conferência de Chefes de Estado e de Governo, o Conselho de Ministros, o Comité de Concertação Permanente e o Secretariado Executivo. A presidencia rota cada doce meses, mentres que o secretario executivo e o secretario executivo adxunto se renovan cada dous anos.