2 con
(
-
prep
-
Expresa, ante substantivos e pronomes, compañía (
Ex: Sempre pasea con ela. Foi cos amigos ó cine).
-
Expresa, ante substantivos e pronomes, simultaneidade (
Ex: Cheguei con el ó teatro. Saíron da casa co inicio da choiva). OBS: Neste caso pode alternar con canda e con a.
-
Expresa, ante substantivos e pronomes, inclusión, adición ou xustaposición (
Ex: Colocou as flores, que recolleu hoxe pola mañá, coas de onte. Non xuntes a leña mollada coa seca. Cos amigos falaba de arranxar o mundo; cos colegas, dos avances da ciencia; e coa filla non faltaba día en que non lle contase unha nova historia). OBS: Concorre con onda, a carón de e con outras formas equivalentes.
-
-
prep
Expresa, ante substantivos e pronomes, relación entre persoas ou cousas (
Ex: O trato co seu pai non é moi cordial. A súa teoría non concorda coa miña).
-
prep
-
Expresa, diante de certos substantivos que indican sentimento ou maneira, modo ou forma de realizar algo (
Ex: Sempre fai as cousas con moita atención. Non aguantou máis e contestou con rabia). OBS: En moitos casos equivale ó seu correspondente adverbio en -mente (Ex: O seu relato está escrito con moita sinxeleza/sinxelamente). Ademais segue a manter o seu valor modal en moitas frases feitas: con boa man, con bo pé, con dor da alma, etc.
-
Expresa, con substantivos que designan unha parte do obxecto designado polo substantivo precedente, modo, posesión ou contido (
Ex: É unha rapaza con ollos de cor abelá. Quería un coche con aire acondicionado. Atopou un baúl con moitos tesouros. Serviulle un vaso con auga).
-
-
prep
-
Expresa, diante dun substantivo, medio ou instrumento (
Ex: Cortou o dedo co coitelo. A solidariedade non se paga con diñeiro).
-
Expresa, ante substantivos e pronomes, causa ou consecuencia (
Ex: Morreu coa pena. Hoxe produciuse o último mitin do partido e con iso péchase a campaña). OBS: Con este valor tamén se rexistra a expresión con que (Ex: Dixo que non quería participar na reunión, con que non o volvas chamar).
-
-
prep
Expresa, diante de substantivos, choque, enfrontamento físico ou moral (
Ex: Bateu coa pedra. Gañou a loita co cancro. Loitou cos maquis na Guerra Civil española). OBS: A anfiboloxía dalgúns destes enunciados fai que o equívoco se aclare se se utiliza canda ou contra.
-
prep
Introduce, con substantivos que expresan sentimento, emoción, interese, etc, o obxecto dese sentimento (
Ex: Ten esperanzas de saír con ela).
-
prep
Expresa igualacións, equiparacións ou comparacións (
Ex: Compara o que ti tes co meu. A túa contestación non ten nada que ver coa miña. Un anda de troula co outro).
-
prep
Expresa, ante un substantivo ou pronome, reciprocidade (
Ex: Xoán desafiouse con Manel. Nós carteámonos con eles).
-
prep
Introduce, con verbos como empezar, acabar, coller, tirar, cangar, tropezar e outros, o obxecto sobre o que incide a acción do verbo (
Ex: Tirou co prato, pero non se esnaquizou. Ía pola rúa e tropecei con el. Acabou co libro que estaba a escribir. A pesar de todo, cangou ela coas culpas).
-
prep
Emprégase entre verbos como suceder, acontecer, pasar ou ocorrer, e substantivos que expresan a causa determinante da acción do verbo (
Ex: Relataba afervoadamente o que sucedera na vila coa voda do seu fillo).
-
prep
Adquire valor concesivo e equivale a ‘a pesar de’, ‘aínda que’ (
Ex: Con seren de moi boa calidade, prefiro aqueloutros). OBS: Con este valor tamén se rexistran as expresións con todo e con todo e iso (Ex: O resultado final é aceptable, con todo podemos superalo).
-
prep
Adquire valor condicional cando vai seguida de infinitivo (
Ex: Con esforzáreste un pouco máis acadas a praza). OBS: Con este valor alterna co xerundio e coa expresión con que + forma persoal (Ex: Con redactares tres liñas abonda/Redactando tres liñas abonda/Con que redactes tres liñas abonda). A preposición con contrae co artigo determinado (o, a os, as) dando lugar ás formas co, coa, cos e coas, respectivamente (Ex: Estudiou co teu irmán. Colleuno coa man. Foi de excursión cos colegas. Xuntou os tomates coas cebolas); e co artigo indeterminado (un, unha, uns e unhas) dando lugar ás formas cun, cunha, cuns e cunhas, respectivamente (Ex: Xuntou un suxeito cun verbo. Saíu cunha mochila ó lombo. Experimentaron cuns coellos de Indias. Chegou cunhas botellas rotas).