Comuñón e Liberación
Comuñón e Liberación
Movemento fundado en 1969 polo sacerdote milanés Luigi Giussani coa finalidade de potenciar a presenza directa e activa dos católicos nos eidos cultural, social e político. Coñecido coa sigla CL (Comunione e Liberazione), suscitou a creación da Fraternidade CL, recoñecida no ano 1992, e da asociación Memores Domini, integrada por laicos que cumpren a castidade. Unha das actividades do movemento é a reunión anual, en Rimini, para a amizade entre os pobos.