cona
cona
(< lat cunnu ‘cona’)
-
s
f
Parte exterior dos xenitais femininos.
Ex: Levou provocativas fotografías de conas á exposición.
Sinónimos: conacha, crica, grila, parrocha, paxara, perrecha, peseta. -
interx
Expresión que indica dor, sorpresa, enfado ou outro sentimento repentino.
Ex: Cona, que susto levei ó te ver deitado!
-
s
f
Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que se corresponde coa voz ‘tixola’.
-
cona de vella
[ANIMAL]
Denominación común que reciben os antozoos mariños da orde dos actiniarios, caracterizados por presentarse como pólipos illados e fortemente adheridos ás rochas do litoral. Teñen numerosos tentáculos urticantes, nos que quedan apegados e paralizados pequenos animais nadadores antes de ser dirixidos á única abertura superior.