Concepción
Concepción
Capital da rexión de Bio Bío, Chile, na marxe dereita do esteiro do río Bio Bío (362.589 h [1997]). Situada nunha rica área agrícola e mineira, experimentou un notable crecemento demográfico no s XX. Forma unha conurbación con Talcahuano. Fundouna en 1550 Pedro de Valdivia co nome de Concepción del Nuevo Extremo. Destruída polos araucanos e afectada por diversos terremotos, en 1751 trasladouse á localización actual e en 1764 recibiu o nome de Concepción de la Madre Santísima de la Luz. Trala súa conquista polos independentistas en 1813, converteuse na sede da proclamación da independencia de Chile o 1 de xaneiro de 1818. Do seu patrimonio cultural destaca o edificio do Mercado, obra de Müller e Weiner, e o santuario de La Candelaria.